Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo acorda os servizos mínimos con motivo da folga xeral convocada para este mércores


# Luns, 12/11/2012
A Xunta de Goberno Local adianta a mañá, martes, a súa reunión semanal 

O Alcalde, José López Orozco, vén de ditar un decreto polo que establece os servizos mínimos que funcionarán no Concello este mércores, día 14 de novembro, con motivo da folga xeral convocada polos sindicatos.

Nos servizos de Policía Local, Extinción de Incendios, Estación de Tratamento de Auga Potable e Cemiterio municipal traballarán as quendas correspondentes; na Brigada de Augas haberá dous traballadores en servizos mínimos igual que nos Servizos Eléctricos; no Fogar do transeúnte haberá unha oficial cociñeira e unha axudanta de cociña e limpeza na quenda da mañá e unha oficial cociñeira e unha axudanta de cociña e limpeza na quenda de tarde; no caso da Conserxería están incluídos nos servizos mínimos dous traballadores da quenda de mañá e un da quenda de tarde; e no Parque Móbil e Informática haberá un traballador en cada un dos servizos.

Tamén con motivo da xornada de folga prevista para este mércores, adiantouse a mañá, martes, a celebración da reunión semanal da Xunta de Goberno Local. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova