Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O 8º Concurso de Tapas de Lugo reparte máis de corenta premios entre o público


# Martes, 13/11/2012
 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Esta mañá, o concelleiro de Turismo, Antón Bao, e o presidente da Apehl, Cheché Real, entregaron no salón de plenos do Concello todos os premios do 8º Concurso de Tapas de Lugo. Aos hostaleiros concedéronlles as distincións correspondentes como gañadores das distintas categorías do certame e ao público participante na votación, máis dunha corentena de regalos.

Na súa intervención, Real remarcou a importancia que ten este concurso no desenvolvemento turístico e gastronómico da provincia e agradeceulles o seu apoio aos clientes dos establecementos. Precisamente, nesta edición, a primeira organizada pola Apehl, déuselle á clientela a oportunidade de elixir o nome do gañador. Así, recibiron as placas conmemorativas o Paprica, vencedor e premio á mellor maridaxe con viño da denominación de orixe Ribeira Sacra; o Campos, segundo clasificado; o Cinco Vigas, terceiro clasificado; o Restaurante España, pola mellor tapa creativa; o Vía Láctea, pola mellor tapa tradicional; a Casa d’Auga, pola mellor maridaxe con cervexa Estrella Galicia e premio Marqués de Cernadas; e A Nosa Terra, premio tapa ecolóxica.

Igual que os hostaleiros, tamén os votantes do certame foron agasallados, xa que entraron no sorteo dun cruceiro polo Meditérraneo para dúas persoas, unha fin de semana en Londres para dúas persoas, estancias en hoteis, casas de turismo rural e balnearios da provincia e ceas en restaurantes lucenses. Esta repartición foi posible grazas á contribución de varios establecementos hoteleiros e entidades colaboradoras coa Apehl na organización desta competición, así como grazas ao Concello, patrocinador do evento.  
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova