Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Oficina de Cooperativismo organiza unha xornada para a creación de cooperativas como fórmula de autoemprego


# Venres, 16/11/2012
Sonia Méndez informou que se detectou o interese de moitos desempregados en coñecer este sistema empresarial 

Imaxe Asociada
A xornada terá lugar o día 20 de novembro no salón de Actos do CEI-Nodus dende as 09:30 horas

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos,Sonia Méndez, presentou esta mañá unha xornada en materia de cooperativismo organizada dende a Oficina de Cooperativismo que comparten os Concellos de Lugo, Baralla, Becerreá e O Corgo. A xornada comeza ás 09:30 e rematará ás 13:15 horas do martes 20 de novembro.

Sonia Méndez manifestou que “se trata dunhas xornadas coas que o Concello pretende fomentar a creación de cooperativas entre os veciños e veciñas de Lugo como saída á falta de emprego”. Nesta xornada informarase sobre a forma xurídica de cooperativa e as vantaxes de formar unha como medida para o autoemprego potenciando este tipo de forma empresarial tanto na zona rural como na urbana. Nas mesmas tamén se contará a experiencia de 4 cooperativas da provincia de Lugo que contarán como se formaron e como se desenvolven en diferentes sectores.

Esta Oficina de Cooperativismo, no que participan tamén os concellos de Baralla, Becerreá e O Corgo, que se puxo en marcha no mes de agosto, leva atendido 34 proxectos e neste tempo xa se constituíron formalemente 3 cooperativas. O obxectivo é que aumente o número de empresas, en este caso de cooperativas, nos municipios participantes e para que traballadores que se quedaran no paro poidan constituirse nesta forma asociativa. Esta oficina tratara de desenvolver principalmente na zona rural, novas cooperativas tanto no sector agricola como no sector académico, educativo ou de axudas no fogar. 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova