Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aforra preto de 150.000 euros co novo contrato unificado dos sistemas de telecomunicacións


# Luns, 19/11/2012
O servizo de Atención ao Cidadán renova o certificado ISO 9001 que garante a calidade e transparencia

O Concello de Lugo aprobou a contratación de tres servizos diferentes de telecomunicacións e que permiten un aforro considerable en comparación con contratos anteriores. Trátanse dos servizo de telefonía móbil, fixa e conexións de datos, da renovación do sistema de seguridade perimetral e o control de tráfico de Internet, e da contratación da subministración e implantación dun sistema virtualizado e copia de seguridade do Concello.

A contratación da renovación do sistema de seguridade perimetral e control de tráfico de Internet por un importe de saída de 30.241 euros máximo foi adxudicado á empresa Emetel Sistemas por 29.864 euros. Este é un sistema que actúa como unha barreira de protección global dos sistemas informáticos e operativos do Concello protexéndoo tanto de software malignos como de hackers.

En canto á xestión do sistema de telefonía móbil, fixa e de datos adxudicouse por catro anos á UTE Telefónica por un valor de 173.460 euros, unha cifra inferior ao prezo máximo do contrato estipulado polo Concello en 250.000 euros. Francisco Fraga informou que “esta é a primeira vez que o servizos de telefonía móbil, fixo e datos se levan a cabo nun contrato conxunto que nos permite aforrar preto de 150.000 euros con respecto ao contrato anterior”.

Por último, tamén se contratou a subministración e implantación dun sistema de virtualización e copia de seguridade por 79.990 euros á empresa ASAC Comunicaciones. Trátase dun equipo de almacenamento de datos que garante que, en caso e avaría eléctrica ou tecnolóxica, queden gardados toda información e documentación informatizada do Concello de Lugo.

Renovación certificado ISO 9001
A Concellería de Servizos Xerais está de noraboa xa que ven de renovar o certificado de calidade que avalan o bo funcionamento dos servizo municipal de Atención e Participación Cidadá. O Concello de Lugo foi o primeiro de Galicia en obter no ano 2011 a garantía de calidade tanto en Economía como en Atención ao Cidadán.

Francisco Fraga manifestou que “esta renovación significa que se está facendo ben o traballo, que somos transparentes e prestamos un bo servizo aos cidadáns”. O responsable da área de Servizos Xerais anunciou que para o próximo ano “temos intención de que o servizo de Estatística opte tamén a este certificado de calidade”.

O organismo europeo IQNET e a Asociación Española de Normalización e Certificación AENOR concedeulle ó servizo de Atención e Participación Cidadá do Concello de Lugo os certificados que garanten o cumprimento das normas de calidade ISO 9001.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova