Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra o Día Mundial da Infancia cun encontro de participación infantil en colaboración con UNICEF


# Martes, 20/11/2012
O Alcalde de Lugo e a Concelleira de Servizos Sociais contestaron as preguntas e anotaron as propostas feitas polos alumnos e alumnas dos colexios

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, e a Presidenta de UNICEF Lugo, Miriam Garabito, conmemoraron o Día Internacional da Infancia que se celebra hoxe cun encontro de participación infantil na que os nenos e nenas de Lugo fan propostas a prol da infancia. Esta celebración ten lugar hoxe porque se cumpren anos dende que se aprobou a Convención de Dereitos dos nenos o 20 de novembro de 1989.

No acto no que participaron 5 alumnos de cinco colexios de Lugo, os nenos e nenas eran os protagonistas xa que tiñan que presentar diferentes propostas e preguntas a nivel municipal ante representantes do goberno municipal, que son os responsable de que se cumpran os dereitos dos nenos a nivel local.

Previamente á celebración deste encontro, os nenos e nenas participantes estudaron nos seus colexios os distintos dereitos recollidos na Convención de dereitos dos nenos e en relación a estes e ó seu cumprimento na nosa cidade formularon 3 preguntas e 3 propostas ó Alcalde. No colexio Cervantes traballaron sobre o dereito á protección dos nenos con discapacidade e a ter unha familia; no colexio Fingoi sobre igualdade e participación e no colexio Galén sobre o dereito á educación e sobre a explotación infantil. No caso do colexio Divino Maestro os alumnos estiveron traballando os dereito á saúde e a protección contra os malos tratos e os do colexio dos Franciscanos os de de identidade e xogo.

O Concello de Lugo, leva moito tempo traballando a favor dos dereitos da infancia por este motivo ten aprobado un Plan integral municipal de infancia e adolescencia (anos 2011-2015) que este ano recibiu unha mención especial por parte do Programa de Cidades Amigas da Infancia que fomos recoller a Málaga. O Programa de Cidades Amigas da Infancia é unha iniciativa de Unicef España posta en marcha e desenvolvida co apoio financeiro de a axuda do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e coa colaboración da FEMP e o Instituto Universitario de necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova