Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde destaca que o Concello de Lugo sempre estará disposto a colaborar para facerlle fronte ó paro durante a inauguración da Xornada sobre Cooperativismo que se celebrou hoxe no CEI


# Martes, 20/11/2012
López Orozco alerta do enorme problema de despoboamento da Galicia interior

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, destacou hoxe a importancia da colaboración entre institucións para combater o problema do paro na nosa provincia, durante a inauguración da Xornada “A cooperativa como fórmula de autoemprego e desenvolvemento local”, na que tamén participaron a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o Subdirector xeral de Cooperativas e Economía Social da Xunta de Galicia, Xoán Miguel Concheiro Abal.

O Alcalde salientou a importancia da colaboración entre administracións e puxo como exemplo a Oficina de Cooperativismo que comparten os Concellos de Lugo, Baralla, Becerreá e o Corgo, que ten a súa sede no CEI-Nodus e conta cunha achega económica da Xunta de Galicia.

López Orozco salientou que a creación de cooperativas pode ser unha saída para dinamizar a economía e o autoemprego tanto na zona rural como na urbana e destacou que a Oficina de Cooperativismo, que se puxo en marcha no mes de agosto, leva asesorados 34 proxectos e xa se constituíron formalmente neste período 3 cooperativas.

Para o Alcalde de Lugo, o sistema de cooperativas “é un exemplo de que a unión fai a forza, como o é a colaboración entre institucións”. Tamén lles dixo ós asistentes que “o Concello sempre estará disposto a colaborar para facerlle fronte ó maior problema que temos, faremos máis se é coa axuda da Xunta e menos se estamos sós”.

Ademais, López Orozco tamén destacou a importancia de dinamizar a economía para facerlle fronte a outro “enorme problema que se lle presenta a Galicia, sobre todo á Galicia interior, que é o despoboamento”.

CEI Nodus cei.lugo.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova