Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco acompañado de membros do equipo de goberno visitou as instalacións do Museo Interactivo da Historia de Lugo


# Mércores, 21/11/2012
O Alcalde salientou a importancia deste espazo para a dinamización da cidade e da vida cultural 

Imaxe Asociada
O MIHL que xa recibiu premios de arquitectura agárdase que abra ao público a finais da próxima semana

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou, acompañado de membros do equipo de goberno, dunha visita ás instalacións do Museo Interactivo da Historia de Lugo que se porá en marcha nos próximos días.

O Alcalde salientou que “esta é unha obra que naceu cunha ilusión, a ilusión de coñecer mellor a historia da nosa cidade, primeiro os propios lucenses e despois todos aqueles que nos visiten” destacando que esta magnífica obra arquitectónica, “que xa recibiu premios de arquitectura e foi obxecto de reportaxes nas revistas máis importantes de España” ten unha superficie construida de 4.035 metros cadrados sobre unha parcela de 11.000 metros cadrados. Desta nova equipación cultural do Concello de Lugo destaca, ademais do seu contido, o contenedor, é dicir, o propio museo é unha obra de arte.

“Agardo que este sexa un lugar que sirva para dinamizar esta zona da cidade pero tamén o conxunto de Lugo xa que moitas persoas ademais de vir a visitar a Muralla ou a Catedral se achegaran ao MIHL” manfiestou o rexidor lucense. Para López Orozco, o MIHL será unha referencia “tanto para os que queiramos aprender ou recordar a nosa historia como para quenes nos visiten” e sinalou que o seu atractivo radicará tanto nos contidos deste Museo como na súa arquitectura, obra do prestixioso equipo de arquitectos Nieto-Sobejano, gañadores do concurso de ideas que convocou o Concello.

O MIHL albergará un contido expositivo permanente de carácter audiovisual que repasa a evolución histórica da cidade de Lugo e converterase ademais nun espazo adicado á arte contemporánea lucense. Bao destacou o valor do propio edificio, de características singulares, e que pola súa modernidade é un espazo idóneo para as creacións artísticas máis vangardistas. Dende o xoves os lucenses que o desexen poderán visitar o edificio, que celebrará xornadas de portas abertas todos os días de 5 da tarde a 9 da noite para que os cidadáns o poidan coñecer.

Apertura
Sobre a apertura do MIHL decidiuse que, debido aos cambios do goberno e para dar tempo a que a nova responsable da área de cultura se faga cargo da mesma, tomouse o acordo de por a data de apertura ao público para a próxima semana, unha data que será comunicada nos próximos días.

Arquitectura do MIHL
O Museo Interactivo da Historia de Lugo configúrase como un proxecto moi innovador tanto na súa arquitectura como na súa instalación museográfica. A cuberta do edificio é, en realidade, un gran xardín arborado de 11.300 metros cadrados, no que aparecen un conxunto de patios circulares afundidos. O conxunto arquitectónico subterráneo está formado por cilindros de máis de 8 metros de altura.

A idea dos arquitectos Nieto-Sobejano, autores do proxecto, é a dun parque-museo, é dicir, un edificio que xorde da relación coa paisaxe. En realidade gran parte do edificio queda semisoterrado baixo un amplo xardín que se vincula ao próximo Parque da Milagrosa. Uns grandes cilíndricos emerxen transmitindo a imaxe do novo museo á cidade. Exteriormente están revestidos dunha celosía metálica de aceiro corten que se iluminará na noite. No interior, os materiais varían segundo as distintas áreas, e adáptanse ás condicións dun museo interactivo (materiais absorbentes, madeiras, revocos, solados de formigón, chans técnicos, etc.)

En total, a superficie construída é de 4.035 metros cadrados distribuídos en distintas dependencias: a sala da exposición permanente sobre a historia da cidade ocupa 300 metros cadrados, pero o museo contará ademais con outra sala para exposicións temporais de 242 metros cadrados, salón de actos, biblioteca, ademais de cafetería, tenda, administración, etc. É de destacar que o sistema enerxético do edificio farase por medio de caldeiras de biomasa, o que evita o emprego de enerxías non renovables e favorece a súa sostenibilidade. 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova