Cargando....
Concello de Lugo
22/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo adica a paga extra do Nadal á que renunciaron os concelleiros para o Programa de Emerxencia Social


# Xoves, 22/11/2012
Toma esta iniciativa dado o desinterede que amosa a Xunta de Galicia cos máis desfavorecidos 

O Goberno Local aprobou unha modificación de créditos para destinar ao Programa de Emerxencia Social a paga extra de Nadal á que renunciaron todos os membros da Corporación municipal en solidaridade cos funcionarios. Esta medida deberá ser ratificada agora polo Pleno.

A Concelleira de Servizos Sociais, Ana González Abelleira, explicou que “o equipo de goberno sensible coa situación socioeconómica da poboacion de Lugo renunciou no seu día a paga extra de Nadal, proposta aceptada por toda a Corporación, e agora acordamos adicalo a Emerxencia Social porque consideramos que é o xeito máis efectivo para que os cartos cheguen aos que máis o necesiten”.

Na actual situación de crise son moitas as persoas que acuden aos servizos sociais do Concello para pedir axuda para cubrir as necesidades básicas como pode ser a alimentación, hixiene, ou o pago de recibos. Unhas solicitudes que aumentaron debido aos altos índices de desemprego, á limitacion temporal e económica dos subsidios de desempregados, o baixo poder adquisitivo dos perceptores das pensión non contributivas, o incremento da poboación inmigrante carente de ingresos económicos, e a precariedade laboral. “Con este panorama e ante a falta de políticas efectivas por parte da Xunta, dende este goberno consideramos que temos que tomar medidas para facilitar a calidade de vida aos veciños e veciñas de Lugo”, segundo González Abelleira.

Tendo en conta que o actual programa de emerxencia social permite chegar a toda a poboación que estamos ante un programa que dá resposta e que permite a atención ás circunstancias excepcionais, e as dificultades que atravesamos esta medida permitirá facer fronte os colectivos especialmente vulnerables ( familias numerosas, unidades familaires monoparentais con nenos/as ó cargo, unidades familiares con membros en situación de dependencia..) do Concello de Lugo. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova