Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco e Carmen Basadre dan a coñecer o nome dos gañadores do concurso Olimpiadas da Igualdadek


# Venres, 23/11/2012
Equipos como o Breogán, o Azkar ou o Ensino participaron con videos e carteis alusivos en contra a violencia de xénero

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, deron a coñecer o nome dos equipos gañadores do concurso Olimpiadas da Igualdade na que participaron os clubes e equipos máis representativos da cidade. Esta era unha das actividades previstas dentro do programa para conmemorar o Dia Internacional Contra a Violencia de Xénero que se celebra este domingo 25 de novembro.

Os equipos que participaron nesta “olimpiada” presentaron traballos audiovisuais ou diferentes manifestos cos que tiveron a opción de conseguir algún dos premios consistente en vales para mercar roupa ou material deportivo. Estes manifestos leeranse o domingo 25 no acto conmemorativo. Neste caso, os gañadores na categoría de manifestos (poemas, frases...) foron:

1º- Club deportivo Casás. (Isabel López Fernandez)

2º- Clube de Tenis de Mesa Dez Portas

3º- Hockey Femenino Meigas (Laura Cernadas)

Na categoría de material audiovisual foron:

1º- C.B.Breogán

2º- Clube de Natación Porta Miñá

3º- Emeve

4º- Clube de Baloncesto Cidade de Lugo- Ensino

López Orozco agradeceu a colaboracións aos diferentes clubes e manifestou que “nunca nos podemos esquecer das mulleres que sofren violencia de xénero, non nos podemos acomodar e debemos seguir traballando para que todos teñamos os mesmos dereitos”.

Carmen Basadre salientou “este é o mes do deporte contra a violencia de xénero, no que reivindicamos a igualdade e a non violencia coas mulleres e agradecemos esta participación do mundo do deporte xa que move a moitas persoas e onde compiten homes e mulleres”.

Os equipos participantes nesta iniciativa son o Club Deportivo Lugo, o Club Baloncesto Breogán, Club Voleibol Emevé Lugo, Azkar Lugo F.S., C.B. Durán Maquinaria Ensino, Club Ciclista Cidade de Lugo, Club Natación Portamiñá, Club ArcoMuralla de Tiro con Arco, Club de Tenis de Mesa 10 Portas Lugo, C.H.L. Meigas, Club Atletismo Lucus Caixa Rural Galega, Club Futbol Casás, Club patíns Lóstregos e o Ximnasio Argos-Astur.

Esta é unha das accións que se van levaron a cabo nas diferentes competicións deportivas durante este mes de novembro polos diferentes clubes da cidade. Así, ao inicio de cada partido tamén se repartiron lazos violetas entre os asistentes e gardouse un minuto de silencio en lembranza de todas as vítimas de violencia de xénero. Ademais, os capitáns dos equipos luciron un brazalete co lema "STOP a violencia de xénero".
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova