Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mais de 50 establecementos participan na III Edición da Noite Aberta que se celebra este próximo venres


# Luns, 26/11/2012
Carmen Basadre e Nora Real destacaron a importancia desta actividade para a dinamización do pequeno comercio lucense
A Fundación TIC despregará un amplo equipo de profesionais para cubrir esta actividade



Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, a Directora da Escola de Arte Ramón Falcón, Esther Muñóz, e a Presidenta da Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo, Nora Real, presentaron a III Noite Aberta que se celebra o próximo venres 30 de novembro.

Nesta edición participan máis de 50 establecementos do centro da cidade que entre as 20:00 e as 24:00 horas ofrecerán multiples descontos e actividades para todas as persoas que se acheguen. Como en edicións anteriores, na Praza Maior instalarase un photocall polo que desfilarán as modelos e que estará acompañado por un disc-jockey e unha barra con servizo de coctelería sen alcohol elaborados por cocteleiros do establecemente La buena vida. Todas as persoas que acudan a esta cita coa moda tamén poderán atoparse con demostracións de baile nos locais e pola rúa.

Carmen Basadre salientou que “esta é unha boa iniciativa que ten efectos moi positivos para o comercio de Lugo porque conseguimos dinamizalo e atraer a compradores xa que nas nosas tendas se pode atopar de todo”. Neste sentido, tamén manifestou a importancia de darlle un impulso ao pequeno comercio que “realmente é o que da vida e crea emprego nestes momentos, e é importante que os lucenses saiban que se ofrece o mellor.”

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, lembrou que a Deputación de Lugo colabora sempre co pequeno comercio e este ano, como en ocasións anteriores, colaborarán a través da Fundación TIC. Ademais destacou que a TIC despregará un amplo equipo de medios e persoal para gravar as múltiples actividades que se desenvolvan. Entres os profesionais participantes atópanse unha nutrida representación de alumnos da Escola de Imaxe e Son do segundo curso dos ciclos superiores en Realización e Producción de Audiovisuais, Radio e Espectáculos. Deste xeito, os estudantes poderán por en práctica os coñecementos adquiridos nestes dous anos e planificar un evento fóra das aulas que require de certa complexidade ó desenvolverse en varias localizacións simultaneamente.

Finalmente, a Presidenta da Asociación de Autónomas e promotora da idea, Nora Real, confirmou que a noite estará chea de sorpresas tanto nas rúas como nos comercios que se sumen á iniciativa, e que, ó igual que o anterior ano, se identificarán cunha alfombra branca situada diante dos seus locais. O obxetivo é incentivar ás vendas do pequeno negocio lucense ante a chegada da campaña Navideña.

Os establecementos que participan esta nova edición son: Joyería Senen, Rosa Clará, Kubika, Tolda, Devozione, Área, Thessalia, Joyería Calvo, Flormar, Cuplé, Rochas, Cortés, Shoes Piel, Bijou Brigitte, Zabata, Lolita Blue, Santa Eularia, Sainkho, Caramelo, Torques, Multiopticas, Nora Real, Sólo mamis, Mi pequeño vestidor, Divela, PetiteTete, Tous, Bimba & Lola, Lío lío, Óptica De La Torre, Opticalia Callao, Sainkho, Casa Alvarinho, Di piu Milano, Ferrero, Black market, Yute, Muy kuky shop, Lilas, Kmon, El Duendecillo, Montse Arias, l'uomo, Ene EFE, VASS, Dandara, Lolita blue, Clamar, Años 50, Intimissimi, Calcedonia, + Man. 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova