Imprimir

VINTE BOMBEIROS ASISTEN A UN CURSO DE DESBLOQUEO DE ASCENSORES


27/11/2012

Un curso sobre desbloqueo en montacargas, elevadores e ascensores estase a celebrar dende onte no Parque de Bombeiros de Lugo, coa participación de 20 bombeiros deste Servizo municipal..

Trátase dunha actividade de formación do persoal do Servizo de Extinción de Incendios na que colaboran o Concello de Lugo e a Deputación provincial.

O curso rematará hoxe ó mediodía e está a ser impartido por técnicos de ascensores que imparten tanto a formación teórica como a práctica. A súa duración é de 15 horas e desenvólvese de 8 a 15 horas.