Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pecha un trimestre máis con resultado económico positivo


# Martes, 27/11/2012
A execución presupostaria do terceiro trimestre deixa un saldo positivo de case doce millóns de euros 

A Concelleira de Economía prevé que o Concello acabará un ano máis sen déficit a pesar da suba do IVE


A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, informou hoxe, trala xuntanza que celebrou esta mañá a Comisión de Contas, que a execución orzamentaria ó remate do terceiro trimestre deste ano volve deixar un saldo positivo nas contas do Concello de Lugo.

Os ingresos do Concello a 30 de setembro ascenden a 65.029.661,93 euros e os gastos a 53.344.449,04 euros o que fai prever, segundo destacou a Concelleira de Economía, que o Concello pechará, un ano máis, o exercizo económico de 2012 con superávit.

Méndez explicou que estes bos resultados débense a dúas razóns, por un lado a que nos Presupostos do Concello fíxose unha previsión atinada de ingresos e, tamén, a que a xestión dos recursos municipais é eficiente.

Tamén salientou Sonia Méndez que a boa marcha da economía local mantense a pesares da repercusión que está a ter na evolución do gasto corrente a suba do IVE decidida polo Goberno central. Neste sentido, Méndez informou de que “o gasto corrente medra, a pesar dos aforros que fixemos nas distintas partidas, polo execesivo aumento do IVE que nos vemos obrigados a asumir, por exemplo no caso das actividades deportivas no que o IVE pasou dun 8% a un 21%, e que como temos denunciado supón unha suba esaxerada que grava os servizos prestados polos concellos en detrimento doutras partidas”.

Asimesmo, a Concelleira de Economía manifestou que a evolución da execución presupostaria no terceiro trimestre do ano confirma que o Concello de Lugo mantén saneadas as súas contas e non ten que facer recortes para loitar contra o déficit, como están a facer outras administracións neste momento.

Por outra parte, Sonia Méndez salientou que o Concello de Lugo ten os pagos ó día polo que non necesitará acudir á nova liña de crédito que habilitará o Goberno para que as entidades locais poidan facer fronte ós pagos a proveedores evitando así o pago de elevados intereses para poder contar con liquidez.

Paga extra para emerxencia social

Méndez tamén informou de que a Comisión de Contas acordou por unanimidade transferir ó servizo de emerxencia social a paga extra de Nadal á que renunciaron voluntariamente os concelleiros logo de que o Goberno de España decidira a supresión desta paga ós empregados públicos. 
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova