Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo crea unha Comisión Especial de Desafiuzamentos con representación municipal e de entidades vinculadas a este grave problema social


# Martes, 27/11/2012
A paralización dos desafiuzamentos en primeiras vivendas é o primeiro dos acordos que se tomaron esta mañá

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a reunión na que se constituiu a Comisión Especial de desafiuzamentos coa que o Concello de Lugo vai dar resposta ao grave problema social que supoñen os desafiuzamentos. A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, tamén participou na reunión constituínte desta Comisión Especial creada polo Concello.

No acto, no que tamén participaron membros do Colexio de Avogados, de UNAVE, da Federación de Asociacións de Veciños, de Agrupa Lugo, de ADICAE, de STOP Desfiuzamentos e un representante de cada un dos grupos municipais, acordaron unha serie de medidas a adoptar para protexer e ofrecer información aos veciños e veciñas de Lugo que se ven afectados polos desafiuzamentos.

Desta maneira, chegouse ao acordo de solicitar a paralización dos desafiuzamentos que se estan a producir no que se refire á primeira vivenda, tanto en solo urbano como rural. Tamén se vai a estudar por parte do Concello, a elaboración dun convenio co Colexio de Avogados para que estes poidan prestar axuda ás persoas que se atopen nesta situación e poidan asesoralos. Outra das medidas que se tomará por parte da administración local é a creación dun link na páxina web con toda a información necesaria sobre como facer fronte a unha situación de desafiuzamento e a onde acudir. Tamén, dende Servizos Sociais, se solventarán todas as dúbidas ou as necesidades que poidan ter os que xa sufriron un desafiuzamento ou está próximo a sufrilo e crearase un Fondo Social Extraordinario, con axudas de carácter especial que permitan facer fronte as necesidades básicas dos afectados.

Segundo manifestou López Orozco “esta Comisión Especial manterá reunións periódicas cada 15 días e solicitará a todas as entidades bancarias as cifras reais co número de desafiuzados e de futuros desafiuzamentos.”


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova