Imprimir

MAÑÁ PRODUCIRASE UN CORTE DE AUGA MOTIVADO POLOS TRABALLOS DE RESTAURACIÓN DA PONTE ROMANA


28/11/2012

A Concellería de Medio Ambiente e Axenda 21, que dirixe Lino González Dopeso, comunica que mañá, xoves 29 de novembro, producirase un corte no subministro de auga nas rúas próximas á Ponte Romana entre as 08.00 e as 18.00 horas.

Este corte de auga vaise facer debido ás obras de restauración da Ponte Romana e afectará ás seguintes rúas:

- Camiño do Balneario
- Estrada Vella de Santiago
- Paseo Álvaro Cunqueiro
- Rúa da Brétema
- Camiño Agro da Ponte
- Rúa Rego da Laxe
- Estrada de Portomarín
- Estrada de Cuíña
- Pena da Mula
- Barrio Novo
- Rego do Espiño
- Casa Novas
- Rúa Fermín Rivera
- Rúa Vella da Ponte
- Rúa Doutor Iglesias Otero
- Camiño das Regas
- Polígono da Louzaneta
- San Lázaro
- Estrada de Orbazai
- As Illas
- Orbazai