Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo inaugurou as Xornadas de Arqueoloxía que reúnen a especialistas de España e Portugal


# Mércores, 28/11/2012
As xornadas rematan o venres 30 no Museo Interactivo da Historia de Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, a Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Sonia Méndez, o secretario da Subdelegación do Goberno en Lugo, Constantino Rodríguez Ramos, e o Vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, participaron no acto oficial da inauguración das xornadas Cidades Amuralladas do Noroeste Peninsular, que se celebran entre o 28 e o 30 deste mes.

Estas xornadas, que reúnen a un importante número de especialistas en arqueoloxía, teñen a finalidade de sensibilizar á cidadanía da necesidade de preservar e difundir o patrimonio amurallado que existen en moitas cidades tanto de España como de Portugal xa que é o mellor reflexo da súa evolución urbanística. No encontro participan especialistas universitarios e xestores públicos de diversas vilas e cidades amuralladas de España e de Portugal, que falarán sobre as súas experiencias, problemas e especificidades na xestión e posibilidades e retos deste tipo de elementos arquitectónicos.

O Alcalde de Lugo sinalou “a importancia de difundir o patrimonio amuralladado existente en numerosas cidades xa que forma parte da súa evolución urbanística ao longo da súa historia e susceptible de ser un recurso cultural e turístico”. Neste sentido, tamén fixo referencias as orixes romanas da cidade e o que eso supón “reunir aos mellores especialistas para poder recoller ideas innovadoras e aplicalas na nosa cidade”.

Estas xornadas encádranse dentro do proxecto europeo Muralla Dixital, do que forma parte o Concello de Lugo xunto coa USC e outros municipios do norte de Portugal como Valença do Minho, Monção e Melgaço, ademais da agrupación de empresas galegas de novas tecnoloxías INEO e o Centro de Computação Gráfica de Coimbra.

Muralla Dixital é un proxecto europeo integrado no Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal e que ten como obxectivo principal a creación dunha rede entre as cidades e vilas amuralladas do noroeste peninsular para a xestión conxunta e a valorización do seu patrimonio arqueolóxico a través das novas tecnoloxías da información e a comunicación.

Programa das xornadas

Mañá xoves 29 continúan os relatorios na Casa do Saber coas intervencións dos arqueólogos municipais das cidades de Ávila e Pontevedra. A xornada de mañá péchase cunha visita a varios centros museísticos da capital lucense. Pola tarde será a quenda dos responsables do departamento de arqueoloxía de Santiago de Compostela e Melgaço, logo de cuxas intervencións continuarán as visitas aos diferentes espazos arqueolóxicos da cidade de Lugo. Xa o sábado 30 a actividade desprázase ao Museo Interactivo de Historia de Lugo, recentemente inaugurado, no que se desenvolverán senllos relatorios sobre a evolución urbanística da vila portuguesa de Monção, a fortaleza de Valença do Minho e o Plan Director das Murallas da Coruña.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova