Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O MIHL acollerá os actos do XII aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial


# Mércores, 28/11/2012
Os actos comezarán o venres ás 18:30 horas co grupo de persusión Djembe de nixeria e rematará ás 20.30 coa actuación do pianista Juan Carlos Camba e a soprano Laura Alonso. 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as actividades con motivo do XII Aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial. No acto tamén estiveron representantes das asociacións de Rioplatenses de Lugo, de Peruanos e de Senegaleses que, xunto coa asociación de Colombianos, porán o acento global a estes actos.

Carmen Basadre destacou que “como a Muralla ten un pouco de todos quixemos que este ano se fixese unha homenaxe con músicas e tradicións doutros países que están moi unidos a nós e que fan que se acheguen un pouco máis”. Desta maneira, programouse xunto con diferentes asociacións de inmigrantes da cidade unha serie de actividades.

Así, as 18:30 comezará a actuación dun grupo de percusión de Djembé da asociación de Senegaleses en Lugo no exterior do MIHL e que recibirá aos visitantes, en caso de tempo atmosférico adverso a actuación será na recepción.

Ás 19:00 horas poderase ver unha exposición de pintura en tea con técnica de pirogravado baixo o lema Coñeza Perú a través de imaxes peruanas da artista Marlene Poma Meza, e que se exporán na sala denominada cafetería. No que tamén se levará a cabo unha demostración de traxes e bailes típicos peruanos a cargo da Asociación de Perú en Lugo. Deseguido, sobre as 19:30 terá lugar a actuación do dúo musical D’Caché integrado por dúas vocalistas, unha colombiana e unha galega, que
Interpretarán un repertorio variado de música colombiana (cumbias, rancheras…) e actuación intercalada do humorista colombiano Jhon del Valle.

Finalmente, ás 20:30, comezará a actuación máis destacada de tango&folk e música arxentina de raíz co pianista Juan Carlos Cambas e a soprano lucense Laura Alonso e o grupo Los Santiagueños. Neste caso, o espazo no que se desenvolverá será na Caixa Negra do MIHL.

Exposición do MIHL

Carmen Basadre tamén lembrou que mañá xoves 29 se inaugura a primeira exposición de Arte Contemporanea que se instala no Museo Interactivo da Historia de Lugo e que recolle obras dos mellores artistas dos últimos 30 anos de Galicia como Murado ou Francisco Leiro. “A Obra elixida” é unha exposición temporal comisariada por Mónica Alonso e que se pode visitar dende as 17:00 horas ata as 21:00 de martes a domingo ata o 15 de febreiro de 2013 
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova