Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello disporá de nova maquinaria para limpar de neve e xeo as rúas de Lugo e para a recollida de residuos dos colectores soterrados


# Mércores, 28/11/2012
A Xunta de Goberno Local acordou hoxe modificar o contrato coa concesionaria do servizo de limpeza para incluir a compra da nova maquinaria sen que repercuta no canon que paga o Concello 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concello vai incorporar nova maquinaria para o servizo de limpeza municipal coa que, entre outras melloras, facilitarase o traballo de retirada de neve e xeo das vías públicas municipais, así como a recollida de lixo depositado nos colectores soterrados, segundo anunciou hoxe o Concelleiro de Medio Ambiente e Axenda 21, Lino González Dopeso.

A adxudicataria do servizo de limpeza vai adquirir, entre outros vehículos, 3 novas varredoras, dous camións recolectores e 4 carros esparcidores de sal, segundo anunciou o Concelleiro de Medio Ambiente trala Xunta de Goberno Local que acordou esta mañá a modificación do contrato coa concesionaria do servizo de limpeza, que inclúe esta renovación de maquinaria e tamén a inclusión nel da xestión do punto limpo.

Concretamente, a maquinaria que se vai adquirir e que pasará a estar adscrita á concesión municipal, sen que supoña un incremento do canon, é unha varredora con engrase centralizado, equipo de rego e baldeo, duas varredoras con engrase centralizado, mangote de aspiración, soporte de cuchilla quita neves e cuchilla quita neves, un camión recolector de carga traseira con grúa, apto para a recollida de colectores soterrados, equipo con tolva de soterrados, e grúa con mando a distancia, outro camión recolector de 7,7 m3, unha cuchilla quitaneves para colocación sobre camión, unha abonadora para colocación sobre tractor, para o esparcido de sal durante as xeadas e, por último, catro carros esparcidores de sal.

Tamén se acordou a modificación do contrato para incluir nel a xestión do punto limpio do Concello. A xestión do punto limpo ten un custe anual de 39.239,72 euros, IVE incluído, correspondentes a gastos de persoal, mantemento das instalacións, vestiario e ferramentas máis o prezo de xestión de residuos que se estima nun máximo de 160.000 euros anuais.

Pola súa parte, o Voceiro do Goberno local, Luis Álvarez, informou da prórroga do contrato coa empresa que presta asistencia sanitaria a empregados do Concello. A prórroga será polo prazo máximo dun ano mentres non se produce a integración de todo o persoal municipal no réxime xeral da Seguridade Social.

Luis Álvarez tamén deu conta da decisión que tomou a Xunta de Goberno Local que desestimou un recurso de reposición presentado pola empresa adxudicataria da obra de construcción da nova sede da Policía Local e Protección Civil, dado que o Concello non lle adebeda ningunha cantidade á empresa, xa que o importe da última certificación adicouse, por orde xudicial, a atender unha orde de embargo ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 12 de A Coruña. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova