Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA HOXE UNHA CONFERENCIA DA PSICÓLOGA ROZA ZAS NA CASA DO SABER


28/11/2012

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Francisco Fraga, organiza hoxe a última das actividades incluídas na programación coa que este ano se conmemorou o Día de Defuntos.

Trátase dunha conferencia titulada “Moito por vivir”, que vai pronunciar esta tarde Rosa Zas, psicóloga da Asociación española contra o cáncro. O acto terá lugar ás 19.30 horas no Salón da Casa do Saber, no Vicerrectorado situado na Praza Pío XII (fronte á catedral).

A conferencia vai xirar en torno á situación emocional das mulleres que, despois dun diagnóstico de cáncro de mama e de someterse ao duro tratamento, teñen que retomar a súa vida e continuar coa súa actividade cotidiana e, as súas obrigas laborais, afectivas e emocionais, loitando contra o medo, a dor e, nalgúns casos, contra as secuelas da propia enfermidade.