Cargando....
Concello de Lugo
29/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Adxudicada en 6.300 euros unha praza de garaxe embargada a unha empresa por impago de débedas contraídas co Concello


# Xoves, 29/11/2012
Ábrese un prazo de seis meses para a presentación de ofertas polo resto dos bens inmobles que saíron a subasta

Os bens subastados non teñen actividade e non foi posible o cobro das débedas fraccionando ou aprazando o seu pago


O Concello adxudicou hoxe en 6.300 euros unha praza de garaxe de dez metros cadrados situada na rúa Marqués de Ombreiro na subasta de bens inmobles embargados a empresas por impago de débedas.

O Concello puxo a subasta hoxe unha serie solares, locais de negocio e prazas de garaxe, que non teñen uso nin actividade. Estes bens inmobles foran embargados a cinco empresas que son debedoras de impostos e taxas municipais.

As débedas que teñen contraídas estas empresas coa Facenda municipal ascenden a un total de 431.242 euros e, unha vez agotadas todas as posibilidades de facer efectivo o pago dos importes adebedados, mediante aprazamentos ou fraccionamentos das mesmas, o Concello deu o seguinte paso legal consistente na venda pública destes bens inmobles que foran embargados no seu día para asegurarse o cobro da débeda.

As propiedades que saíron a subasta son sete prazas de garaxe, dous locais comerciais que non teñen actividade e un solar que está situado no polígono do Ceao.

Respecto dos bens inmobles que non foron adxudicados hoxe, abrirase un novo prazo, de ata seis meses, para que os interesados neles presenten ofertas en sobre pechado e a adxudicación farase ó prezo máis alto.

Ademais da praza de garaxe adxudicada hoxe saíron a subasta outra situada tamén en Marqués de Ombreiro s/n, cinco máis da Ronda de Fingoi, 91, un local comercial emprazado na rúa Saúde esquina con Serra de Outes e o outro da rúa Salmón,4-5, así como unha finca urbana do polígono do Ceao.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova