Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A exposición A obra elixida de arte contemporáneo galego inaugura o Museo Interactivo da Historia de Lugo


# Xoves, 29/11/2012
Poderase visitar, tanto o Museo como a exposición, de martes a domingo de 17:00 a 21.00 horas.

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a Comisaria das exposición, Mónica Alonso, presentaron a primeira exposición de arte contemporáneo que acolle o Museo Interactivo da Historia de Lugo.

A obra elixida, reúne a 16 artistas galegos dos últimos 30 anos e no que cada un aportou unha das súas obras máis representativas facendo así unha lectura presente da arte galega en activo, fuxindo de separacións xeracionais e idades.

López Orozco manifestou que “non podemos estar máis contentos por inaugurar o MIHL cunha exposición dos artistas galegos contemporáneos que forman parte da historia de Galicia e, agora, tamén de Lugo”. Neste sentido, tamén explicou que “ agardo que sexan moitos os lucenses que se acheguen a ver o Museo e a exposición e que desfruten desta nova peza cultural que pretende ser un atractivo para todos nós pero tamén para que moita xente que nos veña a visitar”.

Nesta exposición temporal participan autores como Jorge Barbi, Manuel Vilariño, Menchu Lamas, Francisco Leiro, Xoán Anleo, Pamen Pereira, Jesús Otero, Antonio Murado, Salvador Cidrás, Carmen Nogueira, Vicente Branco, Rubén Santiago, Félix Fernández, Amaya González Reyes, Mar Vicente ou Rita Rodríguez. Moitos deles teñen a cidade de Lugo como nexo de unión xa sexa por nacemento ou por formar parte das súas vidas. Con esta proposta pretendeuse dar protagonismo ás obras que teñen algún significado especial para os artistas xa que eran eles os que debía escoller a obra coa que querían ser representados “é por isto que todas as obras presentes nesta exposición están cargadas de distinción, son enormemente especiais e así no lo fan saber os seus creadores a través dos textos que as acompañan” segundo explicou Mónica Alonso.

A Comisaria da Exposición tamén manifestou “a importancia de ter obras como a de Leiro ou a de Murado que enviaron expresamente para esta exposición e que son as que eles elixiron por ser as súas favoritas”. A obra elixida estará aberta dende hoxe 29 de novembro ata o 15 de febreiro de 2013 en horario de 17:00 horas ata as 21:00 de martes a domingo na sala de exposicións temporais do Museo Interactivo da Historia de Lugo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova