Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A feira de artesanía solidaria Diversiarte abrirá os próximos días 12, 13 e 14 de decembro


# Venres, 30/11/2012
O luns 3 todas as asociacións xuntaranse enfronte ao Concello para ler o manifesto do Día Internacional das persoas con discapacidade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou unha nova edición da feira de artesanía Diversiarte que se celebrará os días 12, 13 e 14 de decembro no fondo da Praza Maior. No acto, no que estiveron presentes membros das Asociación de Diabéticos de Lugo, e de AFALU, presentouse o cartel seleccionado polas asociacións coa que este ano se conmemora o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

As actividades comezan o luns día 3 de decembro coa lectura ás 12:00 horas diante do Concello de Lugo, do manifesto que este ano xirará entorno aos dereitos das persoas con discapacidade e das súas familias. O mesmo días ás 19:30 horas no Centro Convivencia Uxío Novoneyra, terá lugar unha mesa redonda sobre Arte e Discapacidade.

O luns 12 de decembro abrirá o mercadiño Diversiarte no que participan 22 asociacións de Lugo e que estarán repartidas en 14 stand no fondo da Praza Maior. A responsable da área de Benestar Social e Igualdade indicou que “estas actividades permiten unha maior visualización do traballo que realizan estas entidades e ademais permite que recaden fondos para seguir traballando nunha actividade que vale a pena como é loitar pola igualdade”.

Nesta edición haberá stand informativos e de venda de produtos no que participan as seguintes asociacións ONCE, Fademga, Alucem, Aspnais, Auxilia Lugo, San Vicente de Paul, Cogami, Asociación de Diabéticos Lucenses, Down, AGAL, Raiolas, Alufi, Anade, Alcer, Parkinson Lugo, Alume, Aluson, Adace Lugo, AFALU, AGAFI, Asorlu e Feafes

Ana González Abelleira destacou que dende o Concello mantense o compromiso de axudar as entidades sociais, e en materia de dependencia, e asegurou que se seguirá facendo o esforzo para mantelo e para lograr unha igualdade real das persoas con algunha discapacidade ademais de sensibilizar á poboación.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova