Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A curtametraxe Mr. Smith & Mrs. Wesson estréase en Lugo o próximo 5 de decembro


# Venres, 30/11/2012
Este traballo que non ten diálogos pero si moita acción está dirixido por Jorge Saavedra coñecido por ser o artífice de series como Matalobos ou Perdidos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta mañá a curtametraxe que se vai a estrear o día 5 de decembro ás 21:30 horas no Auditorio Gustavo Freire e que se titula Mr. Smith & Mrs. Wesson.

Carmen Basadre explicou que esta “curtametraxe de acción está rodada integramente en Galicia, de feito varias secuencias están gravadas no parque empresarial de As Gándaras.” Tamén destacou que “unha vez máis o sector cultural, a pesar de sufrir tamén a crise, segue sendo o máis solidario xa que van doar un euros de cada entrada que será destinado a UNICEF”.

Este traballo cinematográfico que non contén diálogos está dirixido por Jorge Saavedra, coñecido por dirixir series como Matalobos ou Piratas, e contou para a súa realización cun equipo de 60 profesionais entre os que destacan Luís Iglesias, María Mera ou Daniel Currás.

A historia promete unha boa dose de acción e excesos e está protagonizada entre outros polo actor Octavi Pujades e Camila Bossa como a parella Smith & Wesson. O prezo das entradas será de 5 euros e poderán mercarse media hora antes no despacho de billetes do propio Auditorio Municipal Gustavo Freire.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova