Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Urbanismo felicítase pola aprobación no Pleno da parte pendente do PXOM que agora será remitida á Xunta para a súa aprobación definitiva


# Martes, 04/12/2012



Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Luís Álvarez critica ó Partido Popular por poñer en entredito continuamente ó traballo dos técnicos do Concello e revela que o PP pediu por urxencia executar a sentenza da ORA cando xa sabía que a Xunta de Goberno Local tomará ese acordo mañá

O Voceiro do Goberno local lémbralle ó PP que o TSXG tamén anulou a Orde da Xunta sobre o galego



O Concelleiro de Urbanismo e Voceiro do Goberno local, Luís Álvarez, felicitouse hoxe pola aprobación por parte do Pleno municipal do 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal que está pendente de que a Xunta de Galicia lle dea o visto e prace definitivo. O acordo tomouse onte cos votos favorables do PSOE e do Partido Popular e en contra do Bloque Nacionalista Galego.

Luís Álvarez puxo de manifesto a “gran satisfacción do Goberno local” por este acordo e considerou que “debemos felicitar ó Pleno e felicitarnos todos, porque o PXOM é un documento de vital importancia para a cidade”.

Tamén declarou que agora o Concello “intentará axilizar o máximo posible os trámites para acadar a aprobación definitiva da parte pendente do PXOM, que como saben, é competencia da Xunta”.

O Concelleiro de Urbanismo informou de que agora o Secretario xeral do Pleno deberá dilixenciar cada folla do documento para remitirlle tres copias do mesmo á Xunta de Galicia. Tamén indicou que, tan pronto, quede configurado o novo organigrama do Goberno galego solicitarase a celebración dunha reunión técnica para explicar o contido do documento, de xeito que se axilicen os prazos o máximo posible.

Decembro intenso

Álvarez tamén anunciou que “este mes de decembro vai ser particularmente intenso no Concello” e anunciou que o Alcalde comunicou hoxe mesmo ós Voceiros dos grupos políticos a intención de convocar a sesión plenaria que debaterá o estado do Concello, que previsiblemente se celebrará o vindeiro luns, día 10. Ademais, a finais deste mes está prevista a celebración doutro Pleno, no que está prevista a aprobación do Presuposto municipal para 2013.

O PP propón por urxencia facer o que xa estaba anunciado

A preguntas dos xornalistas, o Voceiro do Goberno local reiterou que a Xunta de Goberno Local aprobará mañá o informe-proposta elaborado polos servizos municipais sobre o xeito de executar a sentenza da ORA.

Álvarez destacou que o Partido Popular xa era coñecedor de que ese asunto figura na orde do día da Xunta de Goberno Local de mañá cando pediu debater por urxencia, no Pleno de onte unha proposta para executar esa sentenza. Por este motivo, explicou, o Alcalde deulle ó Partido Popular a oportunidade de retirar a proposta de urxencia, xa que o Concelleiro que a defendeu, puido comprobar por si mesmo que o asunto figura na orde do día da reunión que celebrará este mércores o Goberno local.

Para o Voceiro do Equipo de Goberno os cidadáns deben pensar “que se pode esperar de alguén que está disposto a facer as cousas de costas ós plantexamentos xurídicos e técnicos”, xa que “non paran de cuestionar ós técnicos do Concello”.

Luís Álvarez comparou o recurso interposto polo Concello ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coa defensa que fixo a Xunta na Xustiza do seu decreto do galego, que o TSXG vén de anular.

Ademais, o Voceiro do Goberno local lembrou que, tal como figura nos expedientes, os servizos xurídicos do Concello consideraron oportuno presentar un recurso no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra a sentenza de primeira instancia e, sendo así, preguntouse, “se un xurídico di que procede recurrir que é o que debe facer o Goberno, facelo ou non facelo?”.

www.lugo.es/ws/pxom



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova