Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta de Goberno Local aprobou a integración dos funcionarios anteriores a 1993 na Seguridade Social que supón un aforro de 350.000 euros ao Concello


# Mércores, 05/12/2012
Luís Álvarez tamén informou da aprobación de 3 prazas de delineantes e 1 de enxeñeiro técnico que se cubrirán mediante oposición

Imaxe Asociada

O Portavoz do Goberno Local manifestou que “da mesma maneira que o PP se acorda de Lugo para os congresos tamén se deberían lembrar dos parados e das inversións pendentes coa nosa cidade”

O Concelleiro de Urbanismo, Luís Álvarez, informou dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá. Entre eles destacou o acordo para iniciar o expediente para a integración no Servizo Galego de Saúde dos funcionarios nomeados antes do 1 de abril de 1993 e os seus beneficiarios procedentes da extinta MUNPAL. Desta maneira, agárdase que nos primeiros meses do ano 2013 xa formen parte do servizo público de saúde, o que suporá un aforro de 350.000 euros procedente do seguro médico subscrito cunha compañía privada e do pago de receitas farmacéuticas.

O Portavoz do Goberno Local deu a coñecer a aprobación de dúas convocatorias para o acceso en propiedade por un lado de tres prazas de Delineante e por outro dunha praza de Enxeñeiro Técnico. No primeiro dos casos, serán tres prazas do grupo C en quedan libre que se convocan mediante oposición e para as que se esixe unha titulación como Técnico Superior en Desenvolvemento e Aplicación en Proxectos de Construción ou Técnico superior en Desenvolvemento de Proxectos Urbanísticos e Operacións Topográficas. As probas consistirán en tres exercicios, dous teóricos e un práctico.

A segunda das convocatorias é para o proceso de selección como funcionario de carreira dunha praza de Enxeñeiro Técnico Industrial. Trátase dunha praza do grupo A, que se seleccionará mediante concurso oposición e para a que se esixe unha titulación como Enxeñeiro Técnico Industrial. As probas consistirán en tres exercicios, dous teóricos e un práctico. En ambos casos as prazas estaban aprobadas dende o ano 2009 polo que non se incumpre a Lei ditada polo Goberno do PP que impide a contratación de persoal.

Execución sentenzas

Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou a execución da sentenza da regulación de aparcadoiros na vía pública (ORA) acordando abrir un prazo de 15 días para a presentación de proposicións (sobre B) por parte das empresas admitidas á licitación no seu día (Estacionamiento y Servicios S.A.; Grupo Europeo de Servicios DOAL S.A.; Dornier e SETEX APARKI S.A.) Ademais, acórdase nomear un comité de expertos para que leve a cabo a valoración das proposicións de conformidade aos criterios de avaliación establecidos na convocatoria que estará formado por un mínimo de tres persoas expertas na materia.

Tamén se deu conta da execución da sentenza pola que se anula o desempeño en réxime de comisión de servizo do posto de Letrada Asesora que viña desempeñando a funcionaria e, se adscribe, dita funcionaria ao servizo de Contratación e Fomento.

Declaracións Congreso PP

Luís Álvarez manifestou a súa alegría pola decisión do Partido Popular de celebrar o seu congreso na cidade e incidiu en que “tamén sería bo que o PP e a Xunta que tan presente teñen a nosa cidade para algunhas cousas, se acorden dos parados de Lugo e das inversións que hai pendentes”. Tamén explicou que “agardo que o congreso sexa un punto de inflexión na dinámica que este partido ten con respecto aos nosos veciños e veciñas”.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova