Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e a Asociación de Mulleres Empresarias organizan un curso gratuíto para emprendedores e desempregados sobre a elaboración de planes de empresa


# Venres, 07/12/2012
No curso, que comezará o luns no CEI, aprenderán a comprobar a viabilidade dunha idea empresarial e a facer un documento que é imprescindible para obter financiamento para as súas iniciativas

Imaxe Asociada

Máis de 300 proxectos recibiron asesoramento este ano no Centro de Empresas e Innovación do Concello


Os Concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Servizos Xerais, Francisco Fraga, xunto coa Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias da provincia de Lugo, Beatriz Varela, presentaron hoxe un Obradoiro gratuíto dirixido a emprendedores e traballadores desempregados no que aprenderán a elaborar un plan de empresa.

Sonia Méndez explicou que este curso, que xa tivo unha edición anterior o ano pasado, enmárcase na estreita colaboración que manteñen o CEI-Nodus e a Asociación de Empresarias para asesorar ós emprendedores que queren poñer en marcha en Lugo novas iniciativas empresariais.

Tamén informou de que, no que vai de ano o CEI leva facilitado asesoramento a máis de 300 proxectos que deron lugar á creación de 54 empresas en Lugo.

Pola súa parte, Francisco Fraga salientou a importancia deste tipo de programas que axudan a buscar saídas a través do autoemprego nesta época na que hai tantas dificultades para atopar traballo.

Beatriz Varela indicou que antes de poñer en marcha unha iniciativa empresarial é imprescindible contar cun plan de empresa, xa que se trata da ferramenta que garante a viabilidade económica de calquera idea e ademais é unha exixencia á hora de solicitar un crédito ou unha subvención coa que conquerir o financiamento necesario para botar andar un negocio.

A Presidenta das Empresarias tamén informou que a primeira edición deste curso foi moi exitosa, xa que participaron nel 15 persoas, saíron 6 proxectos viables dos que tres xa están en marcha e un deles, de elaboración de cervexa artesanal, está implantado no CEI. Ademais, a aprendizaxe de como se fai un plan de empresa contribuír a evitar o fracaso de dúas iniciativas, xa que dous dos participantes puideron comprobar que non calcularan correctamente os custes da posta en marcha dos negocios que pretendían montar.

O Obradoiro “¿Tes unha idea e queres saber se é viable?” terá lugar no CEI-Nodus a partir do luns, día 10, e ata o día 21, en horario de 10 a 13 horas.

As inscricións pódense facer chamando ó teléfono 982 226991 ou a través do correo electrónico empresariaslugoarrobagmail.com. 
  

CEI-Nodus cei.lugo.es

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova