Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Abre un novo posto na Praza de Abastos adicado á venda de las


# Venres, 07/12/2012
Os Concelleiros de Economía e de Servizos Xerais destacan a importancia de que se poñan en marcha novas iniciativas empresariais nun momento con tantas dificultades para atopar traballo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Francisco Fraga salienta que o Concello traballa co obxectivo de dinamizar a Praza de Abastos e o Mercado e Sonia Méndez dí que as axudas municipais ós emprendedores comezan dar froitos

Os Concelleiros de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e de Servizos Xerais, Francisco Fraga, acompañados pola Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias, Beatriz Varela, asistiron hoxe á inauguración dun novo negocio creado por unha emprendedora na Praza de Abastos de Lugo.Trátase de "La habitación de atrás", un posto de las, materiais para labores e deseño en crochet que ata agora comercializaba os seus produtos unicamente a través dunha tenda virtual, na web www.lahabitaciondeatras.com.

O Concelleiro de Servizos Xerais manifestou que a apertura de calquera negocio, nestes tempos tan difíciles, é un motivo de satisfacción e sinalou que este novo posto supón un paso máis no propósito de transformar a Praza de Abastos e o Mercado Municipal de Lugo nun pequeno centro comercial no que se poden adquirir produtos de calidade e os clientes reciben atención personalizada.

Destacou tamén que o futuro destas instalacións municipais está na diversificación da oferta. Neste momentos, o Mercado municipal ten ocupados todos os postos e na Praza a ocupación é de case o 87%. Francisco Fraga tamén anunciou que, en breve, vai abrir na Praza unha herboristería.

Pola súa parte, a Concelleira de Economía indicou que toda iniciativa empresarial sempre é benvida e destacou que as actuacións que desenvolve o Concello para axudar ós emprendedores empezan a dar os seus froitos. Méndez lembrou que o Concello traballa neste campo a través de dúas liñas. Por unha parte, o CEI préstalles asesoramento ós emprendedores para que poidan poñer en marcha as súas ideas, na tramitación de subvencións e na comprobación da viabilidade das súas iniciativas e o Plan Urban ofrece unha liña de axudas para a creación de novos negocios, especialmente na Praza de Abastos e o Mercado municipal.

Na presentación ó público de “La habitación de atrás”, Isabel Carril explicou que o seu posto servirá de axuda a toda a xente que quere facer labores por si mesma e anunciou que os clientes van recibir un trato personalizado e terán á súa disposición os produtos da mellor calidade posible.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova