Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe un grupo de escolares do colexio María Auxiliadora


# Venres, 07/12/2012
Cincuenta nenos de 2º de primaria visitaron esta mañá o Concello e compartiron co Alcalde a súa visión da cidade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Os pequenos demostraron estar especialmente sensibilizados cos problemas medioambientais


O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá un grupo de escolares do colexio María Auxiliadora cos que falou sobre as necesidades que ten Lugo. O grupo, formado por cincuenta alumnos de segundo curso de primaria, mostrouse especialmente sensibilizado coas cuestións medioambientais.

Os nenos explicaron algunhas das súas ideas para que mellorar Lugo. Propuxeron dende “poñer máis plantas e árbores”, “que non pasen tantos coches” ou “destrozar os edificios vellos, facer casas subterráneas, e arriba poñer campo con flores”. Ademais, os que teñen cans, aseguraron que cando os sacan pasear levan unha bolsiña para recoller os excrementos e pediron que “non se tiren papeis ó chan”.

A preguntas de López Orozco, os pequenos deixaron claro que coñecen cal é a función do Concello e do Alcalde. “Dirixir a cidade”, foi a súa resposta.

Os nenos tamén lle fixeron preguntas a López Orozco dende cantos anos leva de Alcalde, cal é a súa idade, ata para que serve o Salón de Plenos. Moitos deles quixeron saber, ademais, se o Alcalde coñece ós seus avós e unha nena tentou, sen éxito, que López Orozco lle aclarase se algún día vai haber “coches voadores”.

Varios dos cativos tamén expresaron o seu desexo de chegar, algún día, a ser Alcalde ou Alcaldesa de Lugo e demostraron estar informados das infraestruturas que precisa a cidade, aínda que dubiden sobre que administración é a competente, cando lle preguntou un deles “ti fuches o que mandou construír o Auditorio na Avenida de Magoi?”.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova