Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora no Programa Nacional de Prevención das Drogodependencias no Sector Hostaleiro


# Venres, 07/12/2012
O Concello participa nun programa do Ministerio de Sanidade e a Federación Española de Hostalería que organizará en Lugo un curso de formación sobre ocio responsable para hostaleiros

O curso celebrarase os días 19 e 20 no Centro cívico Uxío Novoneyra

O Concello de Lugo adheriuse ó Programa Nacional de Prevención das Drogodependencias no Sector Hostaleiro, que puxeron en marcha o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Federación Española de Hostalería e que suporá a formación dos hostaleiros da nosa cidade en temas de ocio responsable.

No marco deste programa, vaise celebrar en Lugo un curso de formación dirixido a hostaleiros que terá lugar os días 19 e 20 deste mes no Centro cívico Uxío Novoneyra, segundo informou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

Esta iniciativa do Programa Nacional de Prevención das Drogodependencias no Sector Hostaleiro ten por obxecto que tanto os empresarios como o persoal dos establecementos de hostalería de distintos concellos españoles coñezan e asuman un código de boas prácticas profesionais para a promoción dun ocio responsable, saudable e de calidade.

No curso de formación que se vai celebrar en Lugo trataranse aspectos relacionados coa dispensación responsable de alcohol, a seguridade e control dos establecementos públicos e a reacción ante situacións de emerxencia como poden ser as intoxicacións provocadas polo abuso de alcol ou polo consumo de drogas ilegais.

Esta actividade conta cun presuposto de 12.000 euros que se financia cunha achega procedente do Plan nacional sobre drogas.

www.lugo.es/prevenciondrogas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova