Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA UNHA MESA REDONDA SOBRE O ANO EUROPEO DO ENVELLECEMENTO ACTIVO E A SOLIDARIEDADE INTERXENERACIONAL


11/12/2012 Terá lugar mañá no CEI e tratará sobre o valor da experiencia 

O Concello celebrará mañá unha mesa redonda sobre o Ano europeo do envellecemento activo e a solidariedade interxeneracional no que se vai tratar do valor da experiencia.

O acto, organizado polo Centro de información europea do Concello Europa Directo ten por obxectivo difundir os programas que levan a cabo persoas de máis de 55 anos en materia de formación e de voluntariado.

A mesa redonda vaise celebrar ás 19.30 horas no salón de actos do CEI-Nodus.

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, será a encargada de facer a presentación deste acto.

Deseguido, ás 19.45, explicarán o programa UNED senior a Directora do Centro Asociado da UNED na Coruña, Susana Blanco; o coordinador deste programa, Luis Ángel Rodríguez Patiño e Mercedes Cachaza Latas, que é alumna deste programa orientado ó rural.

A xornada rematará, ás 20.15, cunha intervención sobre o Plan de voluntariado corporativo de Juan Martín Fernández Martínez, da Oficina Territorial Noroeste de voluntariado do BBVA.