Cargando....
Concello de Lugo
24/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco inaugura o mercadiño solidario Diversiarte 2012 que estará aberto ata o venres 14


# Mércores, 12/12/2012
 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, participaron esta mañá na inauguración do mercadiño solidario Diversiarte 2012 instalado no fondo da Praza Maior.

No acto de inauguración, o Alcalde animou a todos os lucenses a realizar as compras do Nadal neste mercadiño xa que pódese atopar todo tipo de agasallos e produtos realizados por membros das diferentes asociacións. Ademais agradeceu que “só podemos agradecer o traballo que levades a cabo todos os días e que nos demos conta de canto lle debemos a estas asociacións que traballan en favor dos dereitos de todas as persoas”.

O Mercadiño Solidario está incluído dentro do programa Diversiarte 2012, que se organiza entre a Concellería de Benestar Social e Igualdade e as asociacións, e que xa desenvolveu diversas actividades como a lectura do manifesto con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidades, que se levou a cabo no Concello o luns día 3 de decembro.

O Mercadiño Solidario, que ofrece produtos elaborados polas case 20 asociacións que participan, permanecerá na Praza Maior de Lugo dende hoxe, mércores 12 de decembro, ata o venres 14 de decembro, en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 17.00 horas a 20.30 horas.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova