Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Auditorio Municipal acolle unha obra de teatro benéfica a favor do Banco de Alimentos


# Xoves, 13/12/2012
A obra, As alegres comadres, representada por Achádego Teatro será o sábado 15 ás 21:00 horas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a directora da Compañía Achádego Teatro, Tareixa Campos, e a representante do Banco de Alimentos de Lugo, Adela Alonso, presentaron a obra de teatro As alegres comadres de Shakespeare a prol do Banco de Alimentos.

Desta maneira, todas as persoas que queiran asistir poderán facelo este sábado 15 de decembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire. As entradas, que teñen un prezo de 5 euros, poderanse mercar unha hora antes da actuación nas taquillas do propio Auditorio, na Concellería de Cultura, no Banco de Alimentos ou na Compañía de Teatro Achádego Teatro.

Carmen Basadre salientou que “o teatro ten que ser como un motor de vida na nosa cidade e como motor de axuda para moitas persoas que neste momento o están pasando mal” e pediu a todos os que poidan que “que aporten o que poidan xa que axudará a que moitas familias poidan vivir cada día un pouquiño mellor”.

Tareixa Campos incidiu na importancia de que todas as persoas que poidan colaborar con entidades que melloran a calidade de vida o fagan xa que, cada vez, atópanse máis familias en situacións extremas. Ademais lembrou que “hai anos facíanse recollida de alimentos para países subdesarrollados pero agora son as persoas de aquí as que precisan esa axuda”.

No mesmo sentido falou Adela Alonso, que lembrou que dende o Banco de Alimentos atenden a máis de 700 familias cada semana e que distribúen alimentos a diferentes lugares da provincia. Alonso pediu a colaboración das persoas a través da donación de alimentos.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova