Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebrou unha mesa redonda sobre o valor da experiencia con motivo do Ano Europeo do Envellecemento activo


# Xoves, 13/12/2012


Imaxe Asociada

O Concello celebrou onte unha mesa redonda sobre o valor da experiencia, organizada polo Centro de información europea “Europe Direct”, con motivo do Ano Europeo do Envellecemento activo e a Solidariedade interxeneracional.

O debate, que tivo lugar no salón de actos do Centro de Empresas e Innovación, foi presentado pola Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, en el interviron Susana Blanco, Directora do Centro asociado da Universidade Nacional de Educación a Distancia na Coruña; Luis Ángel Rodríguez Patiño, Coordinador do Programa UNED sénior; Mercedes Cachaza Platas, alumna do mesmo programa e Juan Marín Fernández Martínez, da Oficina de Voluntariado territorial Noroeste do BBVA, que explicaron a labor que desenvolven os seus respectivos programas a prol da participación activa na sociedade das persoas que teñen máis de 55 anos e que teñen moito de dicir e que aportar ás novas xeneracións, grazas a experiencia acumulada nos seus anos de vida, tanto persoal como profesional.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova