Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo para a inscrición na realización dun curso de integración para persoas inmigrantes extracomunitarias


# Venres, 14/12/2012


A Concellería de Benestar Social e Igualdade vai levar a cabo unha nova acción formativa dirixida a persoas inmigrantes extracomunirarias baixo o nome de Curso de integración coa finalidade de que poidan obter un informe positivo de esforzo de integración que emite a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

Este curso que se enmarca dentro do programa de animación sociocultural do 1º semestre de 2013 vaise realizar no Centro de Convivencia da Milagrosa dende o 8 de xaneiro ao 4 de xuño, os martes e xoves dende as 19:30 a 21:00 horas. Terá os contidos que indica o regulamento de estranxeiría e que se basean nos seguintes temas: coñecemento e respecto dos valores constitucionais en España, valores estatutarios da comunidade autónoma de Galicia, valores da UE, dereitos humanos, as liberdades públicas, a democracia, a tolerancia, a igualdade entre mulleres e homes e coñecemento das linguas oficiais da nosa comunidade autónoma.

Desta maneira, as persoas estranxeiras poderán presentar este informe para os supostos de renovación de autorizacións e será utilizado como información a valorar naqueles supostos onde non se cumpran todos os requisitos esixidos para a renovación.

As inscricións poderán realizarse ata que se cubran as prazas no Centro de Convivencia da Milagrosa, Rúa Monte Faro, 10, tel. 982 29 74 10.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova