Cargando....
Concello de Lugo
28/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns clausúrase "Xaque nas Aulas" no colexio Rosalía de Castro de Lugo


# Venres, 14/12/2012


A Concelleira de Educación, Esther Muñoz, participará o vindeiro luns na clausura de “Xaque nas aulas” no colexio Rosalía de Castro. Neste programa de difusión do xadrez, que se desenvolve nos centros públicos da cidade, participan este ano 770 alumnos de dez centros educativos. No colexio Rosalía de Castro participaron 98 alumnos de 3º e 4º de primaria.

Con motivo da clausura deste programa no devandito centro escolar, está prevista a presentación dos cuadernillos didácticos da colección “Xaquelín” e tamén se vai disputar unha partida de “Xadrez verde”. Nesta última actividade, trátase de conxugar a difusión do xogo do xadrez e os valores medioambientais, xa que os propios nenos representarán as pezas de xadrez vestidos con traxes feitos con material reciclado.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova