Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Gomez Noya dará o pistoletazo de saída na carreira do Corre Con Nós que se celebra este sábado no parque empresarial de As Gándaras


# Venres, 14/12/2012
O Alcalde de Lugo recibiu esta mañá ao medallista olímpico do Clube Fluvial de Lugo, Javier Gómez Noya 

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, acompañado por membros da Corporación Municipal, recibiron ao medallista olímpico en triatlón, Javier Gómez Noya, que acudirá á carreira para dar a salida nas probas do Circuito Larsa Corre Con Nós que terá lugar mañá sábado 15.

López Orozco manifestou o seu orgullo por poder felicitar en primeira persoa “a un deportista con tantos méritos e tan laureado no mundo do triatlón e que ademais é admirado por milleiros de persoas”. O rexidor lucense alabou o seu traballo e incidiu en que dende que “ti empezache no triatlón este deporte en Lugo foi para arriba xa que copiaban do teu exemplo e agora temos varios deportistas que están acadando moi bos resultados”.

O triatleta olímpico explicou que “quero compartir esta medalla olímpica co Concello de Lugo e ao seu Alcalde porque dende un primeiro momento me apoiaron nas boas e nas malas épocas” e anunciou que “agardo seguir vinculado a este clube e a esta cidade durante moito máis tempo”. Javier Gómez Noya conta na súa traxectoria deportiva coa Medalla de Plata das Olimpiadas de Londres 2012, con diversos Campionatos do Mundo de Triatlón, e varios Campionatos de Europa entre outras competicións.


Corre Con Nós
Este sábado terá lugar unha nova edición do Circuito Larsa Corre Con Nós que se celebrará no Parque Empresarial de As Gándaras e que terá a liña de saída e de meta no Decathlon Lugo.

A carreira que dará comezo ás 16:00 coa categoría mini xa ten un número de inscritos de 2.875 deportistas en todas as categorías. O circuito de adultos constará de 5.300 metros nun circuito asfaltado totalmente. Nesta ocasión vaise celebrar un circuito especial Decathlon Lugo de 10.600 metros no que todos os deportistas que finalicen entrarán nun sorteo de 20 vales de 25 euros para intercambiar por material deportivo en dito centro deportivo. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova