Imprimir

ANA GONZÁLEZ ABELLEIRA MANIFESTOU O SEU DESCONTENTO POLOS ÚLTIMOS RECORTES DO GOBERNO E AVANZOU QUE "IMOS TER QUE SAIR SEMPRE COA TARXETA DE CRÉDITO EN LUGAR DA SANITARIA PARA OPTAR AOS NOSOS DEREITOS"


14/12/2012 O Concello de Lugo organiza actividades durante o Nadal para mellorar a conciliación da vida familiar e laboral 

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, presentou esta mañá as actividades socioculturais para o Nadal que teñen como obxectivo axudar a conciliar a vida familiar e laboral nesta época de vacacións para os máis pequenos da casa.

As actividades divídense en dous aspectos diferentes, por un lado as Aulas Abertas para o Nadal e por outro lado as activiades para toda a familia. Segundo explicou a Concelleira de Benestar Social, todos os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos poden solicitar unha das 20 prazas que se ofrecen en cada un dos centros sociais para participar nas Aulas Abertas que terán lugar os días 26,27,28 de decembro e o 2,3 e 4 de xaneiro en horario de 09:00 horas a 14.00 horas. O prezo será de 1 euro o día, e a inscripción poderá facerse entre o 19 e o 23 de decembro nos correspondentes Centros de Convivencia Municipais.

Ademais este ano tamén se levarán a cabo actividades para toda a familia como talleres de acrobacia aérea e hip hop, teatro de monicreques, maxia, bailes e contacontos que se celebran en cada un dos centros de convivencia e que non requiren inscripción previa.


Recortes Goberno
Na rolda de prensa, Ana González Abelleira, tamén mostrou a súa inquietude e desconformidade coas últimas medidas anunciadas polo Goberno en materia de sanidade e benestar social. A responsable de Benestar Social manifestou a súa incredulidade ante o anuncio de cobrar o transporte sanitario aos enfermos crónicos que precisan acudir a tratamento e que “se se confirma esto imos ter que empezar a sair coa tarxeta de crédito porque a sanitaria moitas persoas xa non a teñen, para poder permitirnos todos os dereitos que temos”. Neste sentido, González Abelleira, incidiu en que “como nos vai gobernar ben un Presidente que sae contento dunha reunión na que non acorda ningún beneficio para nós e se dedica a recortar dereitos continuamente”.

“Tanto a Xunta como o Goberno siguen traballando a favor dos bancos e da troika e deixando desprotexidos aos máis desfavorecidos, aos maiores, aos discapacitados e aos dependentes” segundo a González Abelleira.