Cargando....
Concello de Lugo
28/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de escolares de 2º de primaria do colexio A Milagrosa de Lugo visitaron o Concello


# Luns, 17/12/2012
 

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, recibiu esta mañá un grupo de escolares do colexio A Milagrosa de Lugo que viñeron a coñecer a Casa do Concello. Nesta ocasión, López Orozco, falou cos 22 nenos e nenas de 2º de primaria sobre a función do Concello e a importancia da democracia.

Os nenos e nenas explicaron algunhas das súas ideas para que mellorar Lugo. Así, explicaron como coidar a cidade e algunhas das medidas que propoñen é que “non se poden romper as papeleiras nin pintar as paredes” e tampouco “tirar pedras na rúa ás persoas que pasean”. Ademais, tamén manifestaron que todas as persoas que teñan cans deben levar unha bolsiña para recoller os excrementos.

Moitos dos rapaces tamén expresaron o seu desexo de chegar, algún día, a ser Alcalde ou Alcaldesa de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova