Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello enviou a máis de 280 asociacións de galegos de Europa e América unha guía con lotes de produtos da Praza e Mercado de Abastos


# Martes, 18/12/2012
Trátase unha nova iniciativa de dinamización que se desenvolve grazas ao Plan Urban

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Dende hoxe, a Praza de Abastos, conta cunha herboristería que vende produtos naturais e plantas medicinais

A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, participaron esta mañá na inauguración dun novo posto na Praza de Abastos. Trátase de A Herbotica, un herbolario onde se poderán atopar varios produtos e servizos relacionados coa medicina natural e a produción ecolóxica, como plantas medicinais e aromáticos, tés do mundo, cosmética natural ou revistas especializadas.

Neste acto, Sonia Méndez anunciou unha nova iniciativa para a dinamización da Praza de Abastos a través do Plan Urban. A Concelleira de Economía, informou que “queremos difundir os produtos que se venden na nosa praza máis aló da nosa cidade porque son todos dunha calidade excelente”. Así, explicou que o Concello de Lugo deseñou unha guía con información de cada un dos postos participantes e con diferentes lotes de produtos que se distribuíron en 287 asociacións que teñen unha relación con Galicia. A guía enviouse por correo electrónico a 75 asociacións de España, a 42 de Europa, a 169 de América e, incluso, 1 a Oceanía. Desta maneira, os que teñan interese nestes produtos deben poñerse en contacto directamente cos comerciantes tanto ás direccións electrónicas como nos teléfonos que se facilitan.

A difusión dos postos da Praza e Mercado completarase a comezos do 2013 coa posta en marcha do sitio web que permitirá o comercio electrónico.

Nesa mesma liña, Francisco Fraga, incidiu en que “tanto a Praza como o Mercado son lugares moi importantes para facer as compras con produtos de calidade” e seguro que “ a principios de xaneiro seguiremos inaugurando novos postos e agardamos que ao longo do 2013 poidamos dicir que a ocupación dos postos sexa do 100%”.

www.lugo.es/urban



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova