Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 10.000 lucenses, que corresponde cun 10% da poboación, fan uso das vantaxes da tarxeta cidadá


# Mércores, 19/12/2012
Francisco Fraga tamén anunciou que dende o 15 de febreiro só se poderá usar no transporte público a tarxeta cidadá

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Servizos Xerais, Francisco Fraga, ofreceu esta mañá un balance da tarxeta cidadá, un servizo que cada vez ten máis usuarios. Así destacou que “levamos expedidas entorno a 10.300 unidades da tarxeta cidadá e que corresponde co 10% da poboación de Lugo, unha cifra que consideramos moi boa”. Outro dos datos que destacou é que o tempo medio que leva a tramitación dunha nova tarxeta está entorno aos 15 dias.

Na actualidade a tarxeta cidadá ten un moedeiro que se pode empregar para pagar no transporte público e nos apacamentos da zona ORA, pero estes servizos veranse incrementados dende comezos do 2013 cun moedeiro para o acceso ás piscinas municipais.

O responsable da área de Servizos Xerais tamén informou que dende o próximo 15 de febreiro nos autobuses urbanos só se poderá usar a tarxeta cidadá, polo que todas as persoas que teñan a actual tarxeta de transporte público deberán cambiala antes de dita data e “no caso de que teñan fondos no monedeiro da tarxeta non haberá ningún problema para traspasalo ao crédito da tarxeta cidadá”. Ademais outra das vantaxes que ofrece a tarxeta cidadá expedida polo Concello de Lugo é que se pode usar no transporte metropolitano de Ferrol, Coruña, Santiago e próximamente Vigo.

“Para o 2013 queremos incorporar novos servizos aos que se poda acceder con esta tarxeta xa que pensamos que ademais de simplicidade ofrece un aforro para todas as persoas que teñen algún tipo de bonificación” segundo Francisco Fraga. Neste sentido, lembrou que o Concello de Lugo é un dos que maiores bonificacións ofrecen de toda Galicia e ampara especialmente a estudantes, persoas xubiladas e desempregados.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova