Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta mañá entregáronse os premios da XVIII edición do certame de relatos curtos "Trapero Pardo"


# Xoves, 20/12/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, fixeron entrega dos premios de relato curto Trapero Pardo. Nesta cita literaria que se ven celebrando dende hai 18 anos, participaron mozos e mozas de colexios da provincia de Lugo. Esta edición destaca un incremento da calidade das narracións recibidas aínda que o número de participantes mantívose.

López Orozco felicitou aos gañadores e agradeceu a participacións “nun premio que está máis que consolidado e que non se podería facer sen o apoio dos pais e dos profesores que traballan para fomentar a imaxinación e a lectura nos mozos e mozas.” Ademais salientou que dende o Concello “se vai a seguir apoiando este certame porque cremos que é importante para que os mozos e mozas poidan desfrutar da experiencia de escribir e participar nun certame”

López Orozco e Esther Muñóz procederon á entrega dos galardóns aos premiados nas distintas categorías:

CATEGORÍA DE 12 A 14 ANOS

1º Premio a LORENA BARRERA LÓPEZ, coa obra Cambio de vida, do IES Monte Castelo de Burela.

2º Premio a JAVIER DÍAZ RODRIGUEZ, coa obra Unha vida, un soño ou un pesadelo?, do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria.

Accésit a SOFIA VALIÑA CABO, coa obra Cincenta no século XXI, do CPR Ntra. Sra. de la Asunción de Sarria.

CATEGORÍA DE 15 A 18 ANOS

1º Premio a MARÍA ELENA LÓPEZ GONZÁLEZ, coa obra Tremor de Améndoas, do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria.

2º Premio a AMARA CHAO DURÁN, coa obra Dous mundos nun só maxin, do IES Monte Castelo de Burela.

3º Premio a LAURA PÉREZ GALDO, coa obra A Viaxe, do IES Perdouro de Burela.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova