Cargando....
Concello de Lugo
29/03/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello presenta o proxecto de Presupostos para 2013 ó Consello Económico e Social


# Xoves, 20/12/2012
A Concelleira de Economía considera que as propostas do PP son “un brindis ó sol” e valora as achegas do BNG que son “concretas e realistas”

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Sonia Méndez bota en falta que o PP suxira algún destino para o 1,9 millóns de euros que a Xunta adebeda ao Concello


O Alcalde, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, presidiu hoxe a reunión na que se presentou ó Consello Económico e Social o proxecto de Orzamentos do Concello de Lugo para 2013.

A reunión tivo lugar no salón de Plenos e celebrouse logo da xuntanza que celebrou esta mañá a Comisión especial de Contas e ordinaria de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación, na que tamén se presentou a proposta de aprobación inicial do Orzamento xeral, así como a aprobación inicial das Ordenanzas fiscais para 2013.

En declaracións ós medios de comunicación, a Concelleira de Economía fixo unha primeira valoración das propostas que fixeron ós Orzamentos os grupos políticos da oposición municipal.

Méndez destacou que maioría das propostas do PP son ambiguas e supoñen un "brindis ó sol", xa que este grupo político propón incrementos sen ter en conta, por exemplo, o teito de gasto que impón o Goberno do propio Partido Popular ás administracións públicas. Así mesmo, salientou que outras propostas do PP que si son concretas, como as referidas a dependencia ou saneamento rural, entran en contradición coa política da Xunta de Galicia, que recorta investimentos nesas materias nas que ten as competencias e non asume os compromisos adquiridos.

Ademais, a Concelleira de Economía botou en falta que o PP “propoña, tamén, un destino para o 1,9 millóns de euros que lle debe a Xunta ó Concello de Lugo”. Neste sentido, a titular da Concellería de Economía referiuse á visita, hoxe, de altos cargos da Xunta a Paradai, precisamente cando o Goberno galego vén de anunciar un novo atraso nos investimentos comprometidos no Plan Paradai, e preguntouse “se tamén se escudan nalgunha casa que demoler para non pagar a débeda que teñen contraída co Concello.”

Por outra parte, Sonia Méndez manifestou, en relación coas propostas feitas polo BNG, que “estamos dispostos a valorar a inclusión e o encaixa nas partidas existentes das propostas feitas polo BNG, xa que este grupo político formulou achegas concretas e que son realistas, porque se axustan ás partidas coas que contamos e teñen en conta o teito de gasto que nos impón o Goberno de Rajoy”.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova