Cargando....
Concello de Lugo
05/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello e a empresa E.ON colaboran na organización de actividades de Nadal


# Xoves, 20/12/2012


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Carmen Basadre, e o responsable da empresa E.ON en Lugo, Luis García Santalla, asinaron hoxe un convenio polo que a empresa eléctrica colabora na organización de actividades que organiza o Concello durante o Nadal.

Froito deste acordo, vaise instalar na Praza Maior unha árbore de Nadal dotada cun sistema LED de baixo consumo enerxético. Ademais, un dos coches eléctricos de E.ON participará na Cabalgata de Reis e a empresa tamén doará material escolar sobre o consumo eficiente de enerxía ás ociotecas municipais.

A Concelleira de Cultura explicou que este acordo “enmárcase na decisión do Concello de Lugo de involucrar tanto ós colectivos sociais como á iniciativa privada no desenvolvemento de actividades que son de interese xeral, ademais de contribuír á utilización e difusión de medidas de eficiencia e aforro enerxéticos”. Basadre tamén agradeceu á empresa E.ON a súa colaboración nesta e noutras actividades que organiza o Concello de Lugo.

Pola súa parte, o responsable de E.ON sinalou que “estas actividades son unha oportunidade máis para promover entre maiores e pequenos o consumo responsable de enerxía e sensibilizar á poboación en cuestións como a eficiencia e o coidado do medio ambiente, valores cos que E.ON mantén un forte compromiso en todos os proxectos que desenvolve” e engadiu que “precisamente, Lugo é unha das cidades que se beneficia das iniciativas postas en marcha por E.ON neste ámbito, como o desenvolvemento do vehículo eléctrico ou a substitución de contadores eléctricos”.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova