Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A XI edición do Torneo Internacional de fútbol sala de base "Cidade de Lugo" reunirá a máis de 100 clubs de toda España


# Xoves, 20/12/2012
A primeira fase disputarase os días 27, 28 e 29 de decembro. A fase final será os días 2, 3 e 4 de xaneiro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Os partidos xogaranse no Centro Deportivo Terra, na Casa do Deporte, no Polideportivo O Palomar e no da Piringalla e no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Xefe de Servizo Provincial da Xunta de Galicia, Manuel Otero, e o Xerente da Fundación Azkar, Iván Pico, presentaron esta mañá a XI edición do Torneo Internacional de Fútbol Sala de Base Cidade de Lugo.

Segundo destacou o Concelleiro de Deportes, “este torneo ademais da importancia que ten dentro do mundo do deporte, tamén supón unha fonte de ingresos para os comercios lucenses xa que se reunirán moitas persoas de fora de Lugo”. Este ano,o torneo contará con 114 equipos participantes de Galicia, Castela a Macha, Cataluña, Comunidade de Madrid, ou a Rexión de Murcia, entre outros.

A primeira fase do torneo disputarase os días 26, 27 e 28 de decembro e terá 64 equipos participantes. A fase final será disputada por 52 equipos e terá lugar os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Entre as dúas fases haberá 1.400 xogadores e xogadoras que participan nas distintas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete (masculino e feminino).

Os partidos xogaranse en distintas instalacións deportivas da cidade, como o Centro Deportivo Terra, a Casa do Deporte, o Polideportivo O Palomar, o Polideportivo da Piringalla e o Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova