Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Medio Ambiente celebra o acordo que permitiu acabar a folga no servizo de limpeza e recollida do lixo


# Venres, 21/12/2012
González Dopeso agradece o esforzo feito polos traballadores, a empresa e o mediador para poñer fin a este conflito laboral 

O Concelleiro de MedioAmbiente e Axenda 21, Lino González Dopeso, amosou hoxe a súa satisfacción polo acordo que acadaron esta noite os traballadores e a dirección da empresa Urbaser que supón a desconvocatoria da folga indefinida na empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo.

González Dopeso agraceu, no nome do Concello e, sobre todo, dos cidadáns de Lugo, o esforzo feito polos traballadores e pola empresa para acadar unha solución satisfatoria para as dúas partes.

Tamén salientou o Concelleiro o importante labor desenvolvido nas negociacións, que permitiron achegar posturas entre as dúas partes, polo medidador neste conflito laboral, José Vázquez Portomeñe, que conseguiu conciliar os intereses das dúas partes.

O Concelleiro de Medio Ambiente indicou, ademais, que tanto a parte social como a patronal fixeron importantes esforzos e negociaron durante moitas horas para lograr salvar as diferencias que os separaban e destacou a capacidade de diálogo, o sentido común e a flexibilidade que amosaron tanto os traballadores como a empresa para resolver o conflito. 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova