Imprimir

O CONCELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE CELEBRA O ACORDO QUE PERMITIU ACABAR A FOLGA NO SERVIZO DE LIMPEZA E RECOLLIDA DO LIXO


21/12/2012 González Dopeso agradece o esforzo feito polos traballadores, a empresa e o mediador para poñer fin a este conflito laboral 

O Concelleiro de MedioAmbiente e Axenda 21, Lino González Dopeso, amosou hoxe a súa satisfacción polo acordo que acadaron esta noite os traballadores e a dirección da empresa Urbaser que supón a desconvocatoria da folga indefinida na empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida de lixo.

González Dopeso agraceu, no nome do Concello e, sobre todo, dos cidadáns de Lugo, o esforzo feito polos traballadores e pola empresa para acadar unha solución satisfatoria para as dúas partes.

Tamén salientou o Concelleiro o importante labor desenvolvido nas negociacións, que permitiron achegar posturas entre as dúas partes, polo medidador neste conflito laboral, José Vázquez Portomeñe, que conseguiu conciliar os intereses das dúas partes.

O Concelleiro de Medio Ambiente indicou, ademais, que tanto a parte social como a patronal fixeron importantes esforzos e negociaron durante moitas horas para lograr salvar as diferencias que os separaban e destacou a capacidade de diálogo, o sentido común e a flexibilidade que amosaron tanto os traballadores como a empresa para resolver o conflito.