Imprimir

O TRÁNSITO DE PEÓNS POLA PONTE ROMANA QUEDARÁ CORTADO A PARTIR DO DÍA 26 POR MOR DAS OBRAS DE REHABILITACIÓN DESTA INFRAESTRURA


21/12/2012

A partir do mércores, día 26 de decembro, quedará cortado o tránsito de peóns pola Ponte romana, na que se están a levar a cabo as obras de rehabilitación, segundo comunica a Concellería de Insfraestruras e Zona Rural.

Os peóns non poderán transitar pola Ponte romana dende esa data e ata que rematen os traballos de rehabilitación por motivos de seguridade, xa que a desmontaxe das varandas e as beirarrúas metálicas impide garantir que non se produzan situacións de perigo para os peóns durante o tempo no que será necesario o emprego de maquinaria na realización dos traballos de acondicionamento e a instalación do novo pavimento na Ponte.

Mentres as obras de rehabilitación impidan o tránsito de peóns, as persoas que desexen ir a pé dende a Calzada da Ponte ata a Estrada Vella de Santiago ou en sentido inverso deberán empegar como itinerario alternativo a Pasarela que comunica o paseo do Miño con San Lázaro e Fermín Rivera.