Imprimir

O CONCELLO ORGANIZA UNHA FUNCIÓN DE ÓPERA PARA NENOS ESTE VENRES NO AUDITORIO


26/12/2012 A Concelleira de Cultura presentou hoxe o espectáculo “Il cirque d´amore” que representará a compañía Butterfly Ensemble

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, acompañada polo produtor Miguel Toval e a soprano María Victoria Álvarez Acón, presentaron esta mañá un novo espectáculo da programación infantil de Nadal que se vai representar este venres no Auditorio Gustavo Freire.

Trátase da ópera infantil “Il cirque d´amore”, que vai representar a compañía Butterfly Ensemble e coa que se trata de familiarizar ós nenos co mundo da ópera. Os pequenos poderán disfrutar coas peripecias de Micaela, unha muller barbuda que traballa no circo, do seu amigo Pierrot e do barbeiro Fígaro.

Carmen destacou que, coa organización deste espectáculo, o Concello trata de facilitar o acceso á ópera ós nenos e nenas de Lugo.

Durante 45 minutos o público infantil terá oportunidade de disfrutar de fragmentos de La Bohème, de Pucchini; Il barbiere di Siviglia, de Rossini; Don Giovanni, Le nozze di Figaro e Die Zauberflöte, de Mozart; L elisir d amore, de Donizetti e de La serva padrona, de Pergolesi, nas voces da soprano María Victoria Álvarez Acón, que interpreta o papel de Micaela; e do baritono Miguel Abalo Castex, que interpreta a Fígaro, e coa música do pianista José Manuel Yánez Carballeira, que fai de Pierrot.
A dirección do espectáculo corre por conta de Pepablo Patinho.

A función terá lugar ás 18.30 horas e os prezos das entradas son de 4, 5 e 7 euros, segundo as localidades.