Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá celebrarase un festival benéfico por África no Auditorio Gustavo Freire


# Mércores, 26/12/2012
A recadación irá destinada ó proxecto “Furgoneta Solidaria” que levará medicamentos e libros de Lugo a Guinea Bissau

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, e a enfermeira Natalia Rodríguez Arias presentaron hoxe un festival benéfico por África que terá lugar mañá no Auditorio Gustavo Freire.

Trátase dunha iniciativa para recaudar fondos para o proxecto “Furgoneta Solidaria”, posto en marcha por dous cooperantes de Lugo.

No festival participarán desinteresadamente Lucía Pérez, David Taboada & Asociados, o grupo de percusión africana Galu Teranga e a Escola de Baile Ritmolugo, que actuarán a partir das 18.00 horas.

As entradas teñen un custe de 5 euros para os adultos e 2 euros para os nenos e a recadación adicarase á compra de medicamentos e a sufragar a viaxe que trasladará a Guinera Bissau unha furgoneta con material de primeira necesidade.

Nesta iniciativa colaboran tamén distintas farmacias de Lugo, así como o colexio Illa Verde e o instituto das Mercedes, segundo explicou Natalia Rodríguez.

Ademais de medicamentos, o grupo de cooperantes levará tamén libros e calzado para os nenos.

A furgoneta marchará de Lugo o día 18 de xaneiro con destino a Guinea Bissau onde permanecerán os cooperantes durante un mes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova