A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, e a enfermeira Natalia Rodríguez Arias presentaron hoxe un festival benéfico por África que terá lugar mañá no Auditorio Gustavo Freire.
Trátase dunha iniciativa para recaudar fondos para o proxecto “Furgoneta Solidaria”, posto en marcha por dous cooperantes de Lugo.
No festival participarán desinteresadamente Lucía Pérez, David Taboada & Asociados, o grupo de percusión africana Galu Teranga e a Escola de Baile Ritmolugo, que actuarán a partir das 18.00 horas.
As entradas teñen un custe de 5 euros para os adultos e 2 euros para os nenos e a recadación adicarase á compra de medicamentos e a sufragar a viaxe que trasladará a Guinera Bissau unha furgoneta con material de primeira necesidade.
Nesta iniciativa colaboran tamén distintas farmacias de Lugo, así como o colexio Illa Verde e o instituto das Mercedes, segundo explicou Natalia Rodríguez.
Ademais de medicamentos, o grupo de cooperantes levará tamén libros e calzado para os nenos.
A furgoneta marchará de Lugo o día 18 de xaneiro con destino a Guinea Bissau onde permanecerán os cooperantes durante un mes.