Cargando....
Concello de Lugo
29/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá estrease o novo alumeado na rúa Xoan Montes e no Carril dos Carteiros


# Mércores, 26/12/2012
A Concellería de Infraestruras investiu 46.000 euros na mellora do alumeado e foron instalados 16 puntos de luz

A Concellería de Infraestruturas e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, porá en servizo mañá o novo alumeado público instalado na rúa Xoán Montes e no Carril dos Carteiros.

Esta obra permitirá mellorar a iluminación da zona ó tempo que se aforra enerxía eléctrica, xa que no novo alumeado público foron instalaradas lámpadas de baixo consumo.

En total foron instalados 16 puntos de luz, 13 deles na rúa Xoán Montes e os 3 restantes no Carril dos Carteiros. 10 das luminarias foron instaladas en fachada e as 6 restantes en farolas.

Neste proxecto, a Concellería de Infraestruturas investiu 45.875 euros. A obra foi executada pola empresa Equipos de Señalización y Control S.A.

A potencia total instalada é de 1.580 vatios e o custo anual estimado de enerxía eléctrica é de 1.215 euros. A lonxitude total das vías iluminadas grazas a este proxecto é de 290 metros e a superficie á que se lle da cobertura é de 2.900 metros cadrados.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova